skip to Main Content

DATAS DE INSCRICIÓN

Martes 9 ás 12:00h ao mércores 17 de febreiro de 2021, ás 23:59h

GALA ANUNCIO GAÑADORES/AS

Sábado 20 de febreiro de 2021, ás 19:00h

1. Animación y Eventos S.L, con domicilio social en A Coruña, na Estrada de Bens Nave 38-B, A Moura, e CIF B15902448, en adiante “a Organización” é a entidade encargada da xestión íntegra do concurso e do cumprimento das súas bases. Calquera persoa ou grupo de persoas que se inscriban en calquera das categorías, en adiante son recoñecidas como “Participante ou Participantes”.

2. Participar no concurso supón a aceptación destas bases na súa totalidade. Le atentamente a política de privacidade aquí.

3. A veracidade dos datos facilitados no rexistro de participación é responsabilidade única do participante ou participantes.

4. Establécense as seguintes categorías e premios:

Os premios serán entregados en forma de vales de compra de 10 € cada un, ata completar o importe íntegro do premio.
Os vales poderán ser empregados para compras realizadas en pequenos comercios e hostalaría local, sen límite mínimo nin máximo de número de vales empregados en cada compra. Para máis detalle sobre o xeito de desfrutar do premio, consulta a sección de Gañadores.

5. Nas categorías de infantil poderán concursar os menores de 16 anos.
Nas categorías de adultos poderán concursar os maiores de 16 anos.
Nas categorías de Grupos, poderán concursar os grupos de convivintes de 2 ou máis integrantes, na categoría de grupo infantil ou de adultos/as.
Na categoría de Grupo Inter-xeracional poderán participar grupos de convivintes de diferentes idades, incorporando nenos/as e adultos/as.
Todos os inscritos participarán automaticamente na categoría de Premio Especial do Público, a maiores daquela na que se inscriban, podendo acumularse este premio a calquera outro.
Na categoría de “Premio Especial do Público” non haberá distinción por idade, nin por número de integrantes.

6. A inscrición deberá realizarse nunha única modalidade. Non se admitirá a participación co mesmo disfrace en distintas modalidades. Salvo a excepción do Premio Especial do Público que poderá ser acumulable a outro premio.

7. Para concursar deberá formalizarse a inscrición a través do formulario na web dentroido.gal dende o martes 9 ás 12:00 h, ata o mércores 17 de febreiro de 2021, ás 23:59 h.

8. A participación será a través dun vídeo, no que aparecerán exclusivamente os participantes, sen outras persoas. O vídeo debe durar como máximo 60 segundos. O vídeo poderá estar realizado en TikTok, Reels ou con calquera dispositivo. Os/as concursantes poden aparecer no vídeo desfilando, cantando, bailando, facendo un xogo, desafío ou interpretando o seu disfrace do xeito que queiran. Poderán usar un son orixinal ou playback. Tamén poderán usar como modelo un dos Desafíos propostos e publicados pola organización tanto na sección de concurso da páxina web dentroido.gal como nas súas redes sociais oficiais.

9. Os vídeos serán publicados pola organización nas redes sociais do Concurso (en Facebook, Instagram e Tik Tok), que actuarán como escenario público de exhibición para os participantes. Nestas redes o xurado e o público en xeral poderán ver os vídeos participantes e votar polos seus favoritos. Os participantes e o público poderán ademais compartir nas súas propias redes calquera dos vídeos participantes publicados nos perfís do concurso cos hashtag indicados pola organización.

10. Como requisito para a súa admisión ao concurso, os vídeos obrigatoriamente deberán ter un contido relevante, respectuoso e apto para a visualización por parte de menores. A organización do concurso supervisará todos os vídeos antes de ser publicados e ten a potestade inapelable de non admitir a concurso ou eliminar calquera vídeo que considere que atenta contra estas premisas, ou incumpra as bases da convocatoria.

11. Os participantes no concurso autorizan á organización a publicar e compartir o vídeo concursante no que aparece a súa imaxe, a dos menores representados ou do grupo ao que representa, coa finalidade do correcto desenvolvemento do evento, así como co fin de difundir as actividades de Entroido. Neste sentido, a persoa participante que rexistra unha participación de Grupo (para calquera das categorías, Infantil, Adulto ou Interxeracional) actúa en nome e representación do resto de integrantes do grupo, e declara mediante o formulario, que os integrantes detallados lle deron o seu permiso de uso de imaxes coa finalidade do correcto desenvolvemento do concurso, así como co fin de difundir as actividades de Entroido. Consulta a política de privacidade aquí.

12. O xurado estará presidido por un/unha representante da organización do concurso e outros dous membros de recoñecida solvencia, así como por un secretario/a, con voz e sen voto, que levantará acta.

13. Os criterios de valoración serán a orixinalidade da idea, os materiais de elaboración do vestiario, a construción artesanal xunto coa súa complexidade e acabados, graza para o seu porte e as coreografías, posta en escena ou interpretación que fagan no vídeo. E serán puntuados do seguinte xeito: 0 puntos: carece; 1 punto: malo; 2 puntos: regular; 3 puntos: bo; 4 puntos: moi bo. A suma total de cada criterio e da totalidade dos membros do xurado establecerá a orde dos premios. No caso de empate decidirá a presidencia do xurado.

14. A organización do concurso resolverá calquera circunstancia non prevista nestas bases. O ditame do xurado será inapelable, e poderá declarar deserto calquera dos premios.

15. Os gañadores daranse a coñecer nunha Gala retransmitida en directo a través do Facebook e o Instagram do Concurso o Sábado 20 de febreiro de 2021, ás 19:00 horas. Unha vez rematada a gala, contactarase cos gañadores para concertar a entrega dos premios.

16. O incumprimento das bases leva implícito a retirada dos premios que puideran corresponder.

17. As bases e as inscricións poderán consultarse na web dentroido.gal. A inscrición no concurso leva implícita a aceptación das presentes bases.

18. A Organización do concurso resérvase o dereito de alterar ou modificar, se fose necesario, o desenvolvemento, soporte, data e hora dos actos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad