skip to Main Content

Favorece as túas vendas, aceptando os vales dos gañadores do concurso.
Non precisas anotarte previamente. A túa adhesión é libre e de balde. Se tes un pequeno comercio retallista ou negocio de hostalaría local, dentro da comunidade autónoma de Galicia, podes favorecer as túas vendas, premiar aos teus clientes, ou captar outros novos con esta campaña.

Ver CNAES incluidos na promoción
CNAES Descrición
4779 Comercio ao por menor de artigos de segunda man en establecementos
4778 Outro comercio ao por menor de artigos novos en establecementos especializados
4777 Comercio ao por menor de artigos de reloxería e xoiaría en establecementos especializados
4776 Comercio ao por menor de flores, plantas, semillas, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para os mesmos en establecementos especializados
4775 Comercio ao por menor de produtos cosméticos e hixiénicos en establecementos especializados
4772 Comercio ao por menor de calzado e artigos de coiro en establecementos especializados
4771 Comercio ao por menor de prendas de vestir en establecementos especializados
4765 Comercio ao por menor de xogos e xoguetes en establecementos especializados
4764 Comercio ao por menor de artigos deportivos en establecementos especializados
4763 Comercio ao por menor de gravacións de música e vídeo en establecementos especializados
4762 Comercio ao por menor de xornais e artigos de papelería en establecementos especializados
4761 Comercio al por menor de libros en estableciementos especializados
4759 Comercio ao por menor de mobles, aparatos de iluminación e outros artigos de uso doméstico en establecementos especializados
4754 Comercio ao por menor de aparatos electrodomésticos en establecementos especializados
4753 Comercio ao por menor de alfombras, moquetas e revestimentos de paredes e cháns en establecementos especializados
4752 Comercio ao por menor de ferraxería, pintura e vidro en establecementos especializados
4751 Comercio ao por menor de textiles en establecementos especializados
4743 Comercio ao por menor de equipos de audio e vídeo en establecementos especializados
4742 Comercio eo por menor de equipos de telecomunicacións en establecementos especializados
4741 Comercio ao por menor de ordenadores, equipos periféricos e programas informáticos en establecementos especializados
4729 Outro comercio ao por menor de produtos alimenticios en establecementos especializados
4725 Comercio ao por menor de bebidas en establecementos especializados
4724 Comercio ao por menor de pan e produtos de panadería, confitería e pastelería en establecementos especializados
4723 Comercio ao por menor de peixes e mariscos en establecementos especializados
4722 Comercio ao por menor de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados
4721 Comercio ao por menor de froitas e hortalizas en establecementos especializados
4719 Outro comercio ao por menor en establecementos non especializados
5610 Restaurantes e postos de comidas
5630 Establecementos de bebidas

O único que tes que facer é aceptar os vales premio do concurso (de 10 € cada un) case como se de diñeiro se tratase, e dende a organización do concurso, encargarémonos de aboarchos mediante transferencia bancaria.

1. Confirma que o vale é correcto (disporás dunha ferramenta nesta web onde comprobar o código único de cada vale). Se tés calquera dúbida acerca da validez, consulta coa organización antes de aceptalo.

2. O/a cliente pode usar os seus vales para pagar importes iguais ou superiores ao importe do vale ou suma de vales que queira empregar:
– O/os vale/s NON son diñeiro efectivo. Non se poden cambiar por efectivo.
– Consulta a data de validez antes da aceptación.
– Se o importe da compra é menor que o do/s vale/s, en ningún caso poderá recibir “cambio”.
– Se o importe da compra supera a cantidade dos vales, o/a cliente deberá abonar a diferenza.

3. Para cobrar os vales que teñas:
– Escanea ou fotografía os vales de maneira que se vexa claramente a numeración dos mesmos.
– Emite unha factura oficial polo importe dos vales recollidos (IVE engadido) a nome de:

ANIMACIÓN Y EVENTOS SL
B-15.902.448
Crtra. De Bens, nave 38B – A Moura
15010 – A Coruña

– Lembra que a factura debe desagregar: base impoñible, IVE e total; e o importe total debe coincidir coa a suma do valor dos vales que presentas. Non se admiten modelos de factura simplificada.

– A factura tamén debe incluír os datos completos da empresa ou autónomo que a emite, número de factura e data de emisión.

– O concepto da factura indicará: “Promoción Desafío Dentroido 2021”, Vales Nº….. (especificar os números de vale recollidos). Verifica que a numeración coincide exactamente coa dos vales físicos ou non poderán ser validados.

– Envía os vales e a factura (co número de conta bancaria do negocio) á organización do concurso. Podes envialos por correo electrónico (concurso@dentroido.gal), whatsapp (653 805 376) ou por correo postal (á mesma dirección de facturación).

– Recomendamos enviar a final de cada mes a factura dos vales que teñas recollido nese período.

– Se tes calquera dúbida sobre a mecánica da promoción, ou precisas axuda co proceso de facturación podes contactar coa organización do concurso no correo electrónico concurso@dentroido.gal ou no el teléfono 653 805 376.

4. A campaña remata o 30 de xuño de 2021, ás 23:59 h.
Terás de prazo ata o 10 de xullo para facturar e enviar os vales que teñas recollido, pero podes enviar unha factura ao peche de cada mes (febreiro, marzo, abril, maio…).
IMPORTANTE: A organización do concurso non se responsabiliza do uso de vales falsos e non aboará ningún vale duplicado, non recollido no noso sistema, que presente emendas ou en estado físico non claramente identificable.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad