skip to Main Content

GAÑEI! Como desfrutar do meu premio?

Contactaremos contigo para entregarche un talonario de vales por valor
de 10 € cada un, que suman o importe do teu premio.

Poderás usar estes vales de 10€ para pagar en comercios e hostalaría locais, na comunidade autónoma de Galicia. Podes usar todos os vales que desexes na túa compra, non hai límite máximo. A data límite de utilización está impresa no vale, e é o 30 de xuño de 2021.

Para máis detalle dos tipo de establecemento que pode acollerse á promoción, consulta a listaxe de CNAES.

Ver CNAES incluidos na promoción
CNAES Descrición
4779 Comercio ao por menor de artigos de segunda man en establecementos
4778 Outro comercio ao por menor de artigos novos en establecementos especializados
4777 Comercio ao por menor de artigos de reloxería e xoiaría en establecementos especializados
4776 Comercio ao por menor de flores, plantas, semillas, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para os mesmos en establecementos especializados
4775 Comercio ao por menor de produtos cosméticos e hixiénicos en establecementos especializados
4772 Comercio ao por menor de calzado e artigos de coiro en establecementos especializados
4771 Comercio ao por menor de prendas de vestir en establecementos especializados
4765 Comercio ao por menor de xogos e xoguetes en establecementos especializados
4764 Comercio ao por menor de artigos deportivos en establecementos especializados
4763 Comercio ao por menor de gravacións de música e vídeo en establecementos especializados
4762 Comercio ao por menor de xornais e artigos de papelería en establecementos especializados
4761 Comercio al por menor de libros en estableciementos especializados
4759 Comercio ao por menor de mobles, aparatos de iluminación e outros artigos de uso doméstico en establecementos especializados
4754 Comercio ao por menor de aparatos electrodomésticos en establecementos especializados
4753 Comercio ao por menor de alfombras, moquetas e revestimentos de paredes e cháns en establecementos especializados
4752 Comercio ao por menor de ferraxería, pintura e vidro en establecementos especializados
4751 Comercio ao por menor de textiles en establecementos especializados
4743 Comercio ao por menor de equipos de audio e vídeo en establecementos especializados
4742 Comercio eo por menor de equipos de telecomunicacións en establecementos especializados
4741 Comercio ao por menor de ordenadores, equipos periféricos e programas informáticos en establecementos especializados
4729 Outro comercio ao por menor de produtos alimenticios en establecementos especializados
4725 Comercio ao por menor de bebidas en establecementos especializados
4724 Comercio ao por menor de pan e produtos de panadería, confitería e pastelería en establecementos especializados
4723 Comercio ao por menor de peixes e mariscos en establecementos especializados
4722 Comercio ao por menor de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados
4721 Comercio ao por menor de froitas e hortalizas en establecementos especializados
4719 Outro comercio ao por menor en establecementos non especializados
5610 Restaurantes e postos de comidas
5630 Establecementos de bebidas

Os vales non son diñeiro, mais podes usalos para pagar importes iguais ou superiores ao valor dos vales.
Se o importe da compra é menor que o vale ou suma dos vales que empregues, en ningún caso poderás obter “cambio”. Non se poden cambiar por diñeiro.
Se o importe da compra supera a cantidade pagada cos vales, deberás aboar a diferencia.

Así de sinxelo, podes usar os teus vales de maneira moi parecida a como usas moedas ou billetes (salvo que non che darán “voltas”).

Importante

Os comerciantes e hostaleiros non están obrigados a aceptar estes vales, polo cal é importante que consultes co establecemento se os admiten, antes de efectuar a túa compra ou consumición. A organización do concurso non se fai responsable da non aceptación de vales por parte de calquera establecemento.

Calquera pequeno comercio ou establecemento de hostalería local pode beneficiarse da promoción. Se o establecemento non coñece esta promoción, podes mostrarlle as bases no dorso do vale, e tamén pode consultar o funcionamento da mesma, na web dentroido.gal, no correo electrónico concurso@dentroido.gal ou no teléfono móbil 653 805 376.. A adhesión dun negocio local á promoción é libre e de balde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad